xoves, 2 de xullo de 2015

ULTIMO TORNEO

Chegamos ao final do Circuito de Xadrez Comercio do Teu Barrio.

Este sábado, 4 de xullo será na Praza de Azcárraga.

HORARIO DAS ROLDAS:
1ª Rolda: 11,00
2ª Rolda: 12,00
3ª Rolda: 13,00
4ª Rolda: 16,30
5ª Rolda: 17,30
6ª Rolda: 18,30

CATEGORIAS:
Poderán participar todos os interesados nacidos no ano 2001 ou con posterioridade. Distribuiranse en catro categorías;
sub14 (2001 e 2002), sub12 (2003 e 2004), sub10 (2005 e 2006) e sub8 (2007 e 2008).

ENTREGA DE PREMIOS:
Ás 19,30. Entregaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría.
Ademais entregarase un vale de compra de 10 euros aos xogadores que máis puntos realicen, independentemente da súa categoría.

Ademais ao remate deste Torneo entregaranse os premios do Circuito segundo as bases xerais.

Deste xeito todos os participantes recibirán unha medalla e ademais haberá premios especiais para os tres mellores da clasificación xeral na que se sumarán os puntos logrados nos cinco torneos, independentemente da categoría na que se xogou.

Premios para Primeiro circuíto:

1º CLASIFICADO CIRCUÍTO: TROFEO e vale de 200 euros.
2º CLASIFICADO CIRCUÍTO: TROFEO e vale de 100 euros.
3º CLASIFICADO CIRCUÍTO: TROFEO e vale de 50 euros.