![]() |
Lugar: Praza de Monte Alto, no mercado. |
Por un lado ás 12,00 celebraremos o Torneo Coruñés de Pasapezas, aberto a todas as categorías de idade.
O pasapezas é unha variante lúdica de xadrez que se disputa por parellas, pasando as pezas que un xogador come ao seu compañeiro que pode colocalas na súa partida.
Pola tarde, dende as 16,30 haberá un torneo para rapaces en categorías sub8, sub10, sub12 e sub14.
En caso de que teñamos mal tempo a proba non se disputará ao aire libre e será nas propias instalacións do mercado.
Ver bases das probas do día 13
Ver as normas do Pasapezas.